Do 3 ao 17 de novembro GRUMICO, Grupo de persoas con discapacidade de A Coruña, volta a participar neste festival das artes expoñendo as pezas de xoiaría feitas á man polos alumnos/as da Escola de xoiaría e expoñendo tamén os cadros pintados á man polos alumnos/as do taller de pintura, no local de hostelería Miss Maruja (Rúa Zalaeta, 20- A Coruña).
Cada unha das fermosas pezas levadas a exposición é única e conta tras de sí cunha historia de traballo e de loita pola igualdade de oportunidades.
Non o dubidedes e achegadevos a contemplala exposición!
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.