A Xanela organiza a III Carreira-Andaina Solidaria As Pontes Contigo

O 28 de setembro, ás 10:00 horas dende a Rúa 8 de Marzo do Concello de As Pontes, terá lugar a III Carreira-Andaina Solidaria que organiza a asociación A Xanela.

Este evento deportivo e solidario contribuirá á recadación de fondos para os proxectos que desenvolve a entidade a favor das persoas con discapacidade

Para poder inscribirse, é necesario acceder a este enlace https://gl.desporticket.com/web-evento/11816-iii-carrera---andaina-solidaria-as-pontes-contigo