A asociación A Xanela organiza unha nova edición da súa xa tradicional carreira e andaina polo Concello de As Pontes.
O domingo, 12 de xullo, sairá a IV Carreira Andaina Solidaria "As Pontes Contigo", unha iniciativa na que se mesturan o deporte, a inclusión e a solidariedade, porque os fondos da inscrición recaerán na entidade para que poida manter servizos dirixidos a persoas con discapacidade da comarcar.
Reserva a túa praza e participa nesta carreira. As incricións podes facelas a través deste enlace ou do QR do cartel.

Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.