Este ano celebramos o Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais (EII) xunto coa área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco para dar visibilidade a estas patoloxías e facer incidencia en que a EII é unha doenza crónica que está a rexistrar unha incidencia crecente.
Ademais queremos resaltar que cada ano detéctanse entre 50 e 60 novos casos, que sumados aos que xa había anteriormente deixan o balance total en uns 1.300 pacientes na área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.
Así, o 19 de maio de 2023 realizaremos no CHUO actuacións como a colocación dunha mesa informativa sobre enfermidades inflamatorias intestinais.
Ademais, a Subdelegación do Goberno en Ourense, a Ponte Romana e a Fonte da comisaria nacional de Ourense iluminaranse de morado en conmemoración do Día mundial por iniciativa de ACCU Ourense e en colaboración coa Subdelegación do Goberno e o Concello de Ourense para dar visibilidade ás patoloxías inflamatorias intestinais.
Esta actuación é posible porque ACCU Ourense implementa o Programa de atneción social, asesoreamiento e intervención especializada I grazas á subvención procedente do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia, xestionada por COGAMI, xunto coas subvencións da Deputación de Ourense e o Concello de Ourense.