ACCU Ourense recibe o Premio Referente 2023

ACCU Ourense, presidida por Fernández Jiménez Zulliani, é o Premio Referente asociación de pacientes. Creada en 2005 como resposta á demanda das persoas afectadas de enfermidade de Crohn e colitis ulcerosa da provincia, desenvolven proxectos e actuacións de interese social para a promoción, planificación e intervención integral das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais e as súas familias, contribuíndo ao seu coñecemento, estudo e investigación e promocionando accións destinadas a alcanzar unha mellor calidade de vida e así asegurar a atención centrada nas persoas. Este premio recoñece o seu labor para dar cobertura social, laboral e emocional ás familias, visibilizando #ante a administración e a sociedade estas patoloxías. Un traballo que colocou a Ourense nunha provincia punteira en beneficios e proxectos sociais para as persoas con Crohn, colitis ulcerosa e ostomizadas.