Co fin de incrementar as canles de visibilidade da esclerose múltiple entre a cidadanía, dar a coñecer o labor que desenvolve e destinar donativos ao mantemento de servizos sociosanitarios, a Asociación Coruñesa de EscleroseMúltiple (ACEM) organiza a 3ª Carreira Solidaria #MóvomEmBetanzos a favor da esclerose múltiple. En colaboración co Concello de Betanzos, este evento solidario terá lugar o vindeiro domingo, 28 de xullo, ás 11 horas no Cantón Claudino Pita (xunto ao palco da música).
As persoas que se inscriban recibirán de agasallo unha bolsa e máis unha camiseta. Para participar hai varias modalidades, como: 5 KM cunha taxa de inscrición de 6€; Inclusión (700 m) de 6€ ; Menores (ata 16 aos con inscrición gratuíta; Andaina de 2,5km de 6€ ademais do Dorsal Solidario.
Para a inscrición online poderase realizar a través da web de CCNorte a través deste enderezo https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2820/3-carrera-movomembetanzos-2024
O prazo de inscrición é ata o 27 de xullo a través da páxina web e ata as 9:30 horas do 28 de xullo de xeito presencial. Os dorsais e os kit conmemorativos da proba poderán recollerse o sábado, 27 de xullo de 17 a 19 horas na entrada do cine Alfonsetti ou o domingo 28 de xullo de 8:30 a 10 horas na carpa habilitada na zona de saída e chegada da carreira, no Cantón Claudino Pita.
Os premios repartiranse en 6 categorías:
Mellor disfrace individual e mellor disfrace colectivo carreira 5k.
Mellor disfrace individual e mellor disfrace colectivo andaina 2,5k.
Mellor disfrace individual e mellor disfrace colectivo carreira adaptada 700 m.
Para máis información, chama a 981 24 09 85 – 677 477 495 ou envía un correo a acem@acemesclerosis.org