Acem Coruña organiza a 5ª Carreira #MóvomEMBetanzos 2026

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM Coruña) pon en marcha unha nova edición da tradicional carreira a favor da esclerose múltiple.

Conta con catro modalidades: carreira de persoas adultas de 5 km. | andaina de 2,5 km. | tramo adaptado de 700 m. | carreira para crianzas.

Será o domingo, 20 setembro, ás 11 horas no concello de Betanzos.

Podes inscribirte aquí https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3361/5-carrera-movomembetanzos-2026

Con cada inscrición, recibirás unha mochila, unha camiseta e sorpresas. Non esquezas o disfrace, haberá premios para os máis sorprendentes.