ACEM Santiago organiza un foro de enfermidades neurodexenerativas sobre esclerose múltiple, párkinson e ELLA

ACEM Compostela organiza un Foro para dar visibilidade ás principais patoloxías que reciben atención sociosanitaria no seu centro de rehabilitación integral. Será os días 14, 15 e 16 de novembro ás 16:30h. no Salón de actos do Edificio CERSIA Empresa en Santiago (R/ do alcalde Raimundo López Pol, en San Lázaro). 

Cada día estará dedicado a unha enfermidade e contará coa participación de persoas expertas e personalidades de gran relevancia, que falarán de experiencias, avances médicos e investigación. 

Podes descargar aquí o programa. 

Toda a información nesta ligazón https://www.acemsantiago.org/foro-acem-de-enfermidades-neurodexenerativas/