O 12 de maio celébrase o Día Mundial da Fibromialxia, o Síndrome de Fatiga Crónica e a Sensibilidade Química Múltiple, data sinalada coa
intención de subliñar as serias dificultades polas que pasan miles de persoas afectadas en todo o
planeta.
Cada ano diagnostícanse en España, cerca de 120.000 casos novos e estímase que existen casi dous
millóns de persoas con fibromialxia e/ou fatiga crónica, aínda que o nivel de infradiagnóstico é alto.
Dende a Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de
Ourense, AFFOU, queren facer visible o invisible.
Cada ano, neste día, realizan unha campaña de
sensibilización á sociedade en Ourense con información e divulgación destas enfermidades.
Por iso, se sospeitas, padeces, estás diagnosticado/a ou coñeces a alguén que poida
estalo, contacta con AFFOU e informarante dos servizos e actividades que ofrecen, dende a entidade, para unha mellor calidade de vida.