AGAPA inicia un programa de rehabilitación en fisioterapia

A Asociación de Amputados de Galicia (AGAPA), entidade membro de COGAMI, comeza un  programa de rehabilitación para persoas galegas con amputación.

Financiado nun 70% pola Deputación da Coruña cun orzamento de 4.830,84 euros, este  programa ten como obxectivo soster unha rede de apoio á autonomía persoal das persoas amputadas que carecen deste servizo especializado a través da sanidade pública, ademais de escasear de suficientes profesionais na rama sociosanitaria con especialización neste ámbito.

Este programa desenvolverase durante este ano 2023 na provincia da Coruña, coa intención de cubrir unha necesidade detectada pola entidade, a de fomentar a autonomía persoal das persoas con amputacións que viven en zonas do rural. 

Este é o cartel que utilizou a entidade para difundir a actividade entre todas as súas persoas asociadas.