AGL organiza xornadas sobre Insuficiencia venosa Crónica

A Asociación AGL (Asociación Galega De Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas) organiza unhas  xornadas sobre Avances e Estratexias na Insuficiencia Venosa Crónica (IVC) en Galicia.

O evento será o venres, 18 de setembro, de 9:00 a 13:30 horas, na Sala de Conferencias do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Pontevedra, situado na rúa Benito Corbal, 47.

Para asistir a estas xornadas, con recoñecemento sanitario pola Consellería de Sanidade, é necesario inscribirse a través deste enlace https://forms.gle/BetdHRNpD7QmdVZF7. A confirmación de asistencia será por estrita orde de inscrición ata completar o aforo.

Podes descargar aquí o programa da xornada.