O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros de Narón acollerá o martes 30 de setembro, ás 16 horas, a formación “Ti podes: estratexias para a independencia na vida diaria”, unha iniciativa organizada por Alcer Coruña co obxectivo de proporcionar ferramentas prácticas para mellorar a autonomía persoal.
A actividade, de carácter gratuíto, está dirixida a persoas que queiran adquirir habilidades e estratexias para desenvolver con maior independencia as tarefas cotiás.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou inscribirse a través do correo info@alcercoruna.org ou no teléfono 676 80 14 73.
.jpg)