Amarai celebra o 15 aniversario cuna ruta de sendeirismo

Con motivo do 15 aniversario de apertura do Centro de Recursos que a Asociación Amarai ten en Boimorto, estamos organizando unha ANDAINA SOLIDARIA para o día 20 de setembro. 

A saída será ás 10h dende o propio centro (Lugar de Cernadela s/n, Boimil - Boimorto). Percorreremos 10km ata chegar ás inmediacións do Centro de Saúde de Boimorto, onde contaremos con sesión vermut amenizada por unha solista e pinchos gratis para todos os participantes e os que ata alí se acheguen. A inscripción é gratuita pero, alén de compartir unha xornada de convivencia entre todos, todo o que se recaude coa venta de bebidas, merchandising e na urna de donativos, será a favor de Amarai para seguir traballando a prol dos dereitos das persoas con discapacidade e mellorar a calidade de vida e dos servizos que ofertamos aos 45 usuarios que atendemos no noso centro de día e centro ocupacional.

Anímate a participar!

É necesaria inscripción previa no 630785859 ou en animacion@amarai.es