AMICO recupera as actividades grupais para favorecer a mobilidade a persoas con patoloxía de Parkinson

Esta actividade grupal está incorporada nas sesións grupais do programa REHABILITACIÓN X que cofinancia a Deputación da Coruña baixo a convocatoria FOAXE- P para mantemento de servizos sociais.

A actividade que xa se prestaba antes do estado de alarma que suspendeu as actividades no mes de marzo, retómase agora todos os xoves en horario de 19:15 horas nas instalacións de Fontiñas, ata decembro.