Andaina a favor da asociación Aodemper

A andaina está organizada pola Asociación de Veciños San Ramón de Armariz, en colaboración coa Deputación de Ourense e o Concello de Nogueira de Ramuín, e será en beneficio da Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Parkinson e Enfermedades Raras, Aodemper.

A inscrición, cun custo de 6 euros dos que a metade serán para Aodemper, estará aberta ata o día 4 de agosto e pode realizarse na Oficina de Turismo de Luintra, na sede de Aodemper, na tenda Hada Madrina ou a través dos teléfonos 666 147 477 e 669 211 828.

Segundo explican dende a organización, esta andaina conta cun percorrido sinxelo, sen moitas subidas e con sombras pola que se poderá apreciar a riqueza patrimonial coa que conta o concello.