AODEM celebra xornadas de sensibilización sobre a esclerose múltiple

A Asociación Ourensá de Esclerosis Múltiple, ELA, Párkinson e outras enfermidades neurodexenerativas (AODEM) organiza unhas xornadas de sensibilización sobre a esclerose múltiple, que levan por nome Empatiza coa EM.

Estas  xornadas realizaranse o xoves, 28 de outubro, ás 17 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, situado na rúa do Progreso, nº30.

Como o aforo é limitado, convén reservar praza de asistencia a través do mail aodem@hotmail.es especificando o nome, apelidos, mail de contacto e teléfono da persoa que vai asistir ou tamén se pode inscribir por teléfono chamando ao 636 49 06 27  en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h.