AODEMPER participa na Partners Day Crossfit inclusivo no Día Nacional da Esclerose Múltiple

Un total de 10 persoas usuarias da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER) participarán na competición deportiva Partners Day Crossfit inclusivo para conmemorar o Día Nacional da Esclerose Múltiple.

Organizado por RunManiak e Crossfit Ourense organizan este evento desenvolverase o sábado, 18 de decembro, ás 16:00h nas instalacións de CrossFit Ourense situadas no Paseo da Praia Fluvial, 8.

Cada unha das persoas usuarias de AODEMPER apadriñará un equipo participante na competición, de maneira que se conseguirán tres obxectivos marcados para este día: a inclusión, a visibilidade e a sensibilización sobre a enfermidade de esclerose múltiple.