ASEARPO colabora na conmemoración do Día Nacional da Artrite

Con motivo da celebración do Día Nacional de Artrite, o 1 de outubro, diversos edificios públicos e monumentos iluminaranse de cor verde durante a noite do sábado día 1.Esta iniciativa, impulsada pola Coordinadora Nacional de Artrite, na que ASEARPO colabora, ten como obxectivo visibilizar esta patoloxía e render homenaxe a todas as persoas que a padecen en España.

En Pontevedra, sumáronse a esta iniciativa:

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo: Estatua “O Titán”

Complexo Hospitalario de Pontevedra: Hospital Provincial, Hospital Montecelo e Hospital O-Salnés

Concello de Vigo: Fontes da rúa Aragón e Pantalla Rosalía de Castro

Concello do Porriño: Edificio do Concello

Concello de Nigrán: Edificio do Concello

Concello de Pontevedra: Edificio do Concello

Concello de Bueu: Fonte Praza Massó

Consellería de Sanidade (Santiago de Compostela)