A Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO) organiza unha charla sobre a Artrite psoriásica e vacinación en persoas con artrite que vai ser impartida pola doutora Evelin Cervantes, especialista en rematoloxía da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
A charla será o xoves día 15 ás 17:00, no Hospital Provincial de Pontevedra e, como é unha actividade formativa organizada a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, require inscrición facendo clic nesta ligazón.
O programa inclúe temáticas como a Artrite psoriásica, os novos tratamentos que hai para tratala e a vacinación preventiva nas persoas con artrite. O obxectivo é achegar información sobre a sintomatoloxía, diagnóstico e tratamento da artrite psoriásica.
