ASEARPO organiza xornada sobre Artrite psoriásica no Hospital Álvaro Cunqueiro

ASEARPO, Asociación enfermos de artrite Pontevedra, poñerá o broche final á campaña "Outubro, mes da artrite e espondiloartritis", promovida por ConArtritis, cunha Xornada sobre Artropatía Psoriásica.

Terá lugar o sábado, día 29, ao longo da mañá no Salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro. Nela abordaranse aspectos como a afectación desta enfermidade, o calendario de vacinacións das persoas con artrites, a importancia do mantemento físico e o coidado da saúde mental.

A asistencia é gratuíta pero require inscrición previa nos teléfonos 638395017 - 744619464 ou no correo info@asearpo.org