ASEARPO, Asociación enfermos de artrite Pontevedra, organiza o vindeiro xoves, 18 de maio, un obradoiro sobre os tratamentos con biolóxicos e glucocorticoides que se empregan para tratar a artrite.
Será no Hospital Provincial de Pontevedra (no salón de actos), a partir das 16:30, da man da reumatóloga Sabela Fernández.
Esta actividade é gratuita e está aberta a toda a cidadanía, especialmente a doentes de artrite e a súa contorna; require inscripción previa mediante a web da Escola Galega de Saúde para cidadáns ou mediante o correo da asociacion, info@asearpo.org
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.