AVEMPO organiza a XII Carreira Solidaria Eu Móvome pola Esclerose Múltiple

As inscricións da XII Carreira Solidaria 'Eu Móvome pola Esclerose Múltiple' xa están abertas. O evento deportivo organizado pola Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (AVEMPO) volve a Bouzas o próximo 27 de outubro ás 11:00 horas na Alameda Suárez Llanos. O rexistro de participantes pode realizarse ata o próximo 23 de outubro a través do portal https://magmasports.es/, sendo Team Relay S.L a empresa encargada do control técnico da carreira.

A Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple chama á participación social na nova edición da súa carreira solidaria, repitindo a fórmula tradicional da súa proba en modalidade presencial: dúas carreiras cronometradas de 5K e 10K e unha 'andaina' de 5K.

A saída e a meta da XII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple estarán situadas na Alameda Suárez Llanos e percorrerá as rúas Pescadores, Eduardo Cabello, Av. Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás A. Alonso; sumando unha distancia total de cinco celómetros. A carreira, de carácter competitivo e cronometrada, contará con dúas modalidades opcionais: 5K (unha volta ao percorrido) e 10K (dúas voltas ao percorrido).

Ademais, o evento tamén ofrece unha 'andaina' de 5K sen límite de idade na que poderán participar menores acompañados dun adulto e todas aquelas persoas que opten por facer o percorrido andando. 

Por outra banda, AVEMPO tamén habilitou un 'Dorsal 0' solidario para todas as persoas que, sen participar na carreira, queiran colaborar coa causa. Tódolos fondos recadados en calquera das modalidades irán destinados ó mantemento dos servicios que a asociación ofrece na súa sede ás persoas con esclerosis múltiple e os seus familiares.

UNHA ROSA DOS VENTOS PARA GUIAR O CAMIÑO


Tódalas persoas inscritas en calquera das modalidades do evento, incluído o 'Dorsal 0 solidario', poderán adquirir a camiseta co deseño oficial da carreira deste ano, protagonizado por unha rosa dos ventos especial para guiar o camiño de todas as persoas que se moven e loitan pola Esclerosis Múltiple. As tallas de camisetas poderanse reservar ao facer a inscrición antes do próximo 15 de outubro. Posteriormente, poderanse conseguir as tallas remanentes coa recollida de dorsais.


Toda a información do 'Eu Móvome pola Esclerose Múltiple' será actualizada a través da web habilitada por AVEMPO para a carreira e nas redes sociais oficiais da proba deportiva en Twitter, Facebook e Instagram con en hashtag #EuMóvome24.


O evento converteuse nun piar importante para o mantemento dos servizos que ofrece a asociación. Tras moito tempo de loita, a redución de axudas que fixemos sufrido nos últimos anos fai que a participación social e solidaria sexa máis importante e necesaria que nunca. Coa carreira, AVEMPO busca tamén difundir o labor que fai a asociación e sensibilizar a sociedade coa Esclerose Múltiple, unha enfermidade para a que aínda non existe cura e que afecta cada vez máis á xente mozo.