A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) súmase o próximo venres 5 de setembro á IV edición da campaña nacional de visibilización e concienciación 'CaminEMos por la Esclerosis Múltiple'. Tras o éxito de edicións anteriores, a entidade traslada este ano a campaña ao Concello de Nigrán cun paseo polo miradoiro de Monteferro. Ademais, como novidade este ano, a xornada incluirá unha sesión de observación guiada das estrelas con telescopios ao caer a noite.
O inicio do percorrido, dun kilómetro de distancia, está previsto para as 20.00hrs. e terá como punto de saída e chegada o parking de Monteferro. Tras realizar a metade do percorrido, os e as asistentes farán unha pausa para recoller o atardecer desde as vistas do mirador. Aquelas persoas que o desexen, poden levar algo de comer para desfrutar durante a pausa.
Posteriormente, realizarase o traxecto de volta ata o parking onde, pasadas as 21.00hrs. terá lugar unha actividade divulgativa e cultural que consistirá na observación das estrelas do ceo nocturno que cubrirá nese momento Monteferro. Unha profesional explicará en que consiste a observación estelar, para identificar e poder localizar os astros a través dos telescopios que estarán habilitados na zona.
AVEMPO anima a todas as persoas que se van asistir coa súa camiseta oficial da campaña, e disporá dalgunhas unidades limitadas para aquees que aínda non a teñan. Ademais, recoméndase asistir cunha silla plegable para maior comodidade durante a charla e posterior observación das estrelas.
A actividade é de carácter gratuíto, aínda que AVEMPO habilitará unha 'entrada inversa' o propio día do evento para recoller donativos que cubran o custo da actividade. Para unha mellor organización do evento, as persoas interesadas en asistir deben confirmar a súa presenza antes do xoves 4 de setembro a través do correo avempo@avempo.org ou nos números de teléfono 685 11 33 98 / 986 29 88 65.
AVEMPO súmase a 'CaminEMos por la Esclerosis Múltiple' cos obxectivos de sensibilizar á opinión pública sobre as necesidades específicas das persoas afectadas, visibilizar o traballo que a entidade realiza desde a súa sede en Vigo e fomentar na sociedade o espírito solidario e a empatía, entre outros.

CAMPAÑA NACIONAL
"CaminEMos porla Esclerosis Múltiple" é unha campaña paraugas de visibilización e concienciación da Esclerose Múltiple de ámbito nacional promovida por AEDEM-COCEMFE en coordinación e colaboración coas súas asociacións membro, das que forma parte AVEMPO.
O principal obxectivo desta campaña é sensibilizar a sociedade sobre a Esclerose Múltiple e, para iso, poñemos en valor a importancia do movemento asociativo arredor da Esclerose Múltiple, fomentando a unión das asociacións membro de AEDEM-COCEMFE e reivindicando os dereitos das persoas con Esclerosis Múltiple.
Toda a información sobre a campaña está dispoñible na súa web oficial.