Nova edición da Carreira da Muller Central Lechera Asturiana, iniciativa deportiva e solidaria que promove a práctica do deporte entre as mulleres, fomenta hábitos de vida saudables e apoia diferentes causas sociais. A edición deste ano será, celebrarase o domingo, 27 de setembro, ás 10 horas na Coruña, con saída na Avenida de Buenos Aires (xunto ao Complexo Deportivo de Riazor).
Esta carreira conta coa venda de dorsais solidarios, que se poden adquirir a través da páxina web https://www.carreradelamujer.com/gl/muj-a-coruna custan 20,95 €, con opción de recollida presencial ou envío a domicilio. No caso do envío a domicilio, a compra deberá realizarse antes do 4 de setembro.
A venda destes dorsais irá destinada á Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR). Baixo o lema da Marea Rosa, ACADAR fai un chamamento á cidadanía para participar nesta cita deportiva e solidaria, contribuíndo a visibilizar a realidade das mulleres con discapacidade e a avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva e igualitaria.
O percorrido será de aproximadamente 6,3 quilómetros e poderase participar tanto a título individual como en equipo. Poderán participar todas as mulleres maiores de 8 anos que estean debidamente inscritas dentro do prazo establecido e de acordo co regulamento da carreira.
As persoas que opten pola recollida presencial poderán facelo na Feira da Corredora, que terá lugar en Palexco (Muelle de Trasatlánticos, s/n, 15003 A Coruña), o venres 25 de setembro, de 16:00 a 20:00 horas, e o sábado 26, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Nesta Feira da Corredora, que se organizará do 25 ao 27 de setembro, ACADAR contará cun posto informativo propio, onde as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man os proxectos, actividades e servizos que desenvolve a entidade.
A colaboración coa Carreira da Muller permite dar visibilidade ao labor de ACADAR e sensibilizar sobre a importancia de garantir a participación e a igualdade de oportunidades, así como achegar á cidadanía os proxectos e actividades que desenvolve a entidade ao longo de todo o ano.