Cociña de aproveitamento na enfermidade renal crónica


O próximo 9 de maio en horario de 4 a 8 da tarde no Centro Cívico de Monelos, Alcer Coruña impartirá un taller de Nutrición dirixido a persoas con enfermidade renal crónica en tratamento de diálise. Os obxectivos principais deste taller son coñecer as bases de alimentación no devandito tratamento renal substitutivo, centrándose á súa vez na cociña de aproveitamento como medida de aforro económico e contra o desperdicio alimentario. Este taller terá un formato teórico- práctico e as prazas son limitadas.