Exposición solidaria a favor de AMIZADE

Membros do grupo Galeoska (Galegos Koa Arte) realizan unha exposición solidaria a favor da Asociación AMIZADE de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra.

No espazo Sergio Ribeiro en Carril e ata o 9 de xaneiro estarán expostas pinturas e esculturas de pequeno formato (20x20 cm.) con prezos accesibles para todos os petos e cuxo importe irá destinado integramente á entidade AMIZADE para poder seguir desenvolvendo os seus servizos a favor das persoas con discapacidade da cidade de Pontevedra e arredores.

Amizade agradece a colaboración deste grupo de artistas e anima a toda a poboación a que visite unha exposición na que se poderá apreciar a variedade e calidade do traballo destes artista galegos comprometidos socialmente.