O campo de Tambre Golf, na Urbanización Porto Avieira (Sigüeiro, Oroso), acollerá o domingo 7 de setembro de 2025 o IV Torneo a favor da doazón de órganos de Pitch and Putt, unha iniciativa solidaria organizada por Tambre Golf a favor da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer Coruña).
A xornada contará con autobús gratuíto dende Ferrol e A Coruña para facilitar a participación. Ademais do torneo, haberá bautismo ou iniciación ao Pitch and Putt e Croquet, actividades abertas a quen queira probar estes deportes.
Para pechar o día, celebrarase un xantar cun prezo de 22 euros para persoas socias e 25 euros para non socias.
As inscricións poden realizarse nos teléfonos 670 34 39 49 e 604 02 27 46, ou no correo electrónico info@alcercoruna.org.
