O sábado día 6 de outubro, ás 9 horas, o club de sendeirismo Trabandainas levará a cabo una ruta solidaria, organizada a favor da asociación Misela.
O percorrido cunha distancia de 15 quilómetros englobará distintos lugares de interese de Noia e arredores, sendo de baixa dificultade, e discorrerá por Testal, Taramancos, Obre e Argalo, onde, tras ver a fervenza, voltarase a Noia.
O punto de saída será a Alameda de Noia e o lugar de chegada será á praza do Tapal.
Todas as persoas interesadas en colaborar poden anotarse a través deste enlace solidariamisela.galitiming.com
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.