O Grupo de Teatro Senior Afundación presenta a obra Os vellos namorados, unha adaptación d Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, realizada polo director do grupo de teatro, Víctor Díaz Barús.
O prezo da entrada é 5€ e a recadación vai ser destinada para a Asociación de Trasplantados de Medula Ósea (ASOTRAME), asociación sen ánimo de lucro cuxos fins son colaborar en proxectos de investigación do cancro hematolóxico, informar e sensibilizar sobre a importancia da doazón de medula ósea e dar soporte emocional a pacientes e familiares que conviven coa enfermidade.
A obra será o xoves, 14 de febreiro, ás 20 horas en Auditorio ABANCA Santiago (Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela).
Podes comprar aquí a entrada.
