O vindeiro venres 17 de abril, a Asociación Párkinson Galicia-Coruña celebrará a sétima edición das súas Xornadas de Párkinson, unha cita xa consolidada como espazo de referencia para a divulgación, o encontro e a reflexión arredor da enfermidade.
Esta edición terá, ademais, un carácter moi especial, xa que se enmarca dentro da conmemoración do 30 aniversario da entidade, tres décadas acompañando ás persoas con párkinson e ás súas familias, impulsando a atención integral, a investigación e a sensibilización social.
Baixo o lema «Innovación con impacto», as xornadas poñerán o foco no papel que a investigación, a tecnoloxía e as novas terapias están a ter na evolución da abordaxe do párkinson. Ao longo do día, profesionais do ámbito sanitario, investigadores, entidades vencelladas á innovación tecnolóxica e persoas con párkinson compartirán coñecemento, experiencias e diferentes olladas sobre os avances que xa están a transformar a práctica clínica e terapéutica.
O programa combinará relatorios especializados e mesas redondas, abordando cuestións como:
As VII Xornadas de Párkinson: Innovación con impacto celebraranse no Hotel Áttica 21, en horario de 9:00 a 18:30 h, e están dirixidas tanto a persoas con párkinson e familiares como a profesionais do ámbito sociosanitario e a calquera persoa interesada en coñecer máis sobre a enfermidade.
A participación é gratuíta, aínda que, debido ás limitacións de aforo, será necesaria inscrición previa.
Estas Xornadas contan co patrocinio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e co apoio da Fundación San Rafael, cuxo compromiso fai posible seguir impulsando espazos de formación, divulgación e encontro arredor do párkinson.
👉 Inscricións
As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico co seu nome, apelidos e teléfono de contacto a info@parkinsongaliciacoruna.org ou chamando ao 981 24 11 00. As prazas asignaranse por orde de inscrición.
