Wedding Pack Solidario a favor de Asotrame en Pontedeume

O convento de San Agustín de Pontedeume acolle os días 9 e 10 de outubro unha Wedding Pack Solidaria a favor da Asociación de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame), que organiza o concello en colaboración con tres empresas referentes no sector nupcial.

Este evento ten como obxectivo dotar de recursos económicos o proxecto Arte e emocións, un obradoiro de expresión artística levado a cabo con metodoloxía arteterapéutica en pacientes de oncoloxía, que desenvolve Asotrame no centro hospitalario CHUAC de A Coruña e que proximamente levarán ao CHUS de Santiago de Compostela.

Wedding Pack Solidario é un evento con fins benéficos, innovador e orixinal que ten por responsabilidade social apoiar un proxecto no que pacientes oncolóxicos ingresados no hospital poden saír dos seus cuartos para desenvolver unha actividade que, como mesmo cualifica quen participou, leva unha raiola de luz ao centro hospitalario.