AEPEF participa no Programa Sensoxenoma25

A Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar (AEPEF) colaborará no proxecto de investigación SENSOXENOMA.

Trátase do estudo titulado “A música como axente modulador da expresión xénica e susceptibilidade xenética asociada”, desenvolto polo Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e aprobado polo Comité de Ética da Investigación Santiago-Lugo.

O obxectivo do estudo é analizar como os estímulos musicais inflúen na expresión dos xenes e na susceptibilidade xenética, achegando un novo enfoque ao coñecemento científico sobre a relación entre música, xenética e saúde.

AEPEF facilita a participación de persoas con Paraparesia Espástica Familiar(PEF) neste proxecto, poñendo ao dispor das familias toda a información necesaria.

As persoas con paraparesia espástica familiar que desexen participar neste estudo científico, terán que contactar co a entidade, mediante o correo electrónico delegaciongalicia@aepef.org

E chegado o día...Pasámolo de marabilla.

Mais información: https://www.idisantiago.es/event/sensogenoma25/