Actividade para persoas socias de AEPEF en Galicia
A delegada de AEPEF en Galicia anima a todas as persoas con diagnóstico de PEF a contactar coa entidade para recibir información, apoio e acompañamento.
Neste marco, vaise desenvolver unha actividade dirixida exclusivamente ás persoas socias, xa que será impartida por unha socia da entidade que compartirá a súa experiencia persoal e profesional, achegando distintos enfoques terapéuticos que poden axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con PEF.
Trátase dun espazo de información e intercambio, pensado para ofrecer coñecemento, orientación e testemuños en primeira persoa.
👉 Acceso restrinxido a persoas socias.
Para máis información sobre a actividade ou para facerte socia/o, contacta con AEPEF a través das canles habituais.
www.aepef.org