A asociación ASOTRAME presenta os seus servizos en Culleredo

O mércores, 16 de maio, ás 19:00 horas, na sala de vídeo do edificio municipal de servizos múltiples, a Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea (ASOTRAME) vai presentar en Culleredo os servizos que realiza a favor das persoas transplantadas e familias.

ASOTRAME é unha asociación sen ánimo de lucro que nace para apoiar a pacientes,  expacientes e familiares das persoas transplantadas de medula ósea. Para ilo ten en marcha proxectos como o de Reflexos de Vida que sensibiliza sobre a doazón de medula ósea; Como en casa, que é unha vivenda gratuíta que está situada en A Coruña e que serve de apoio a pacientes e familiares que teñen que desprazarse; Oncoyoga en Ferrol que ofrece clases de ioga para pacientes oncolóxicos.

Ademais dos programas que están en marcha, dende Asotrame van informar en que consiste a doazón de medula ósea e da importancia que ten para salvar vidas.