A Asociación Galega de Fibrosis Quística celebra o Día Mundial con diversas actividades

O 1 de setembro conmemórase o Día Mundial da Fibrose Quística, unha data que dende a Asociación Gallega de Fibrosis Quística aproveitan para visibilizar a enfermidade, reclamar o acceso a novos medicamentos e tamén recadar fondos para manter e mellorar os servizos que presta cada ano ás persoas usuarias.


A conmemoración iniciará o sábado 31 de maio coa organización do IV Raid Marqués de Vizhoja, unha competición que durará 20 horas e que constará dun percorrido de 160 quilómetros a través dos concellos de Salvaterra, A Cañiza, As Neves e Arbo, nos que haberá que andar, correr, transitar en bicicleta, piragua e ata desprenderse en cordas.

O domingo, día 1 de setembro, a Praza do Concello de Baiona, acollerá un anos máis as actividades que iniciarán ás 10:30 horas con inchables, xogos de mesa e un photocall solidario acompañados por pasarrúas que amenizarán a festa con música. Pola tarde, a partir das 18:45 horas volverá a música da man do guitarrista Rubén de Lis, ademais da representación da obra de teatro Zona en obras, para continuar a tarde con máis música e unha masterclass de zumba.

O vindeiro domingo, día 8 de setembro, realizarase unha Andaina Solidaria que sairá ás 10:30 horas da praza do Concello de Baiona. Para participar, é preciso anotarse neste enderezo: https://cutt.ly/BwgnYuY