A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) organiza obradoiros de igualdade de xénero, autoestima, empoderamento e participación que se engloban dentro do proxecto Empoderar para decidir, que financia a Deputación de Pontevedra.
Estes obradoiros realizaranse durante os meses de outubro, novembro e decembro no concello de A Guarda e están dirixidos a mulleres con discapacidade da comarca do Baixo Miño.
Para inscribirse, pode facerse a chamando ao teléfono 674 139 837 ou enviando correo electrónico infovigo@acadar.org
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.