A Asociación de Crohn e colite ulcerosa de Ourense, ACCU Ourense, estará presente o 16 de maio de 2019 na entrada principal da Residencia no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense coa instalación dunha mesa informativa de sensibilización, concienciación e visibilización con motivo do Día mundial das enfermidades inflamatorias intestinais.
Esta actividade está enmarcada dentro dos programas de Atención á dependencia e autonomía persoal do 0.7 % do IRPF da Xunta de Galicia xestionado por COGAMI.
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.