Os vindeiros días 15, 16 e 17 de novembro de 2018 ACCU Ourense espéravos no recinto feiral de Expourense con motivo da celebración de SPORTUR Galicia, o II Salón do Deporte e Turismo Activo.
Este evento está destinado a deportistas e afeccionados/ as a través da inmersión nunha contorna natural e multiexperiencial coa finalidade de dar a coñecer hábitos saudables para lograr
unha mellor calidade de vida e achegar a actividade física e deporte a todos os ámbitos da sociedade.
Ademais, a súa celebración a próxima fin de semana coincide coa Carreira Popular de San Martiño que contará con máis de 10.000 deportistas que recollerán os seus dorsais no recinto.