Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple- ACEM organiza a actividade de Barbería Solidaria en favor da esclerose múltiple, que terá lugar o 8 de xuño, en horario de 15 a 21 horas, nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, fronte ao hotel Eurostars Atlántico.
Concentraranse 60 profesionais da barbería e perruquería procedentes de diferentes localizacións galegas e de fóra para realizar a súa actividade de maneira solidaria.
Durante a xornada, un DJ da Isla Discomóvil será quen amenice a actividade.
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.