AFFOU conmemora o Día Mundial de la Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple

En 1993, designouse o 12 de maio como o Día Internacional de Concienciación das Enfermidades Neurolóxicas e Inmunolóxicas Crónicas, en conmemoración do nacemento de Florence Nightingale, unha enfermera inglesa que contraeu unha enfermidade paralizante en torno aos 35 anos de idade e pasou os últimos 50 anos da súa vida postrada nunha cama. Pero isto non lle impedíu fundar a primeira escola de enfermaría do mundo.

Cada ano diagnostícanse en España, cerca de 120.000 casos novos e estímase que existen casi dous millóns de persoas con fibromialxia e/ou fatiga crónica, aínda que o nivel de infradiagnóstico é alto.

Dende a Asociación de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica y Sensibilidad Química Múltiple de Ourense, AFFOU, queremos facer visible o invisible. Cada ano, neste día, realizabamos unha campaña de sensibilización á sociedade nas rúas de Ourense por medio de mesas informativas. Dadas as circunstancias desta crise sanitaria, vémonos na obliga de pospoñela, pero non por iso deixaremos de conmemorar este día cos recursos que tenemos. Por iso pedimosche que, si sospeitas, padeces, estás diagnosticado/a ou conoces a alguén que poida estalo, contacta con nós y informarémoste dos servizos e actividades que ofrecemos, dende a nosa entidade, para unha mellor calidade de vida ás personas afectadas e á súas familias.