Amarai organiza unha semana de portas abertas con colexios e centros sociais

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), a Asociación Amarai abre as súas portas e organiza xornadas inclusivas que se levarán a cabo durante a primeira semana de decembro.

Varios centros educativos e sociais coñecen e participan na labor diaria do centro de recursos de Amarai, co obxectivo de fomentar a sensibilización, o respecto e a inclusión, promovendo o coñecemento das capacidades deste colectivo.

Realizaranse diversas actividades, xogos e talleres enriquecedores coa poboación de diferentes idades: infantil, primaria, adolescencia e maiores.

O luns día 1 de decembro, achegarase o alumnado de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto e coñecerán o testimonio de vida dunha persoa que sufriu unhe lesión medular.

O martes día 2, achegaranse os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Toques, cos cales se levará a cabo un contacontos e os talleres “Explorando cos sentidos” e “Xogos sen barreiras”.

O día propio das persoas con discapacidade, 3 de decembro, será o turno de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria do CPI Plurilingüe Fonte Diaz de Touro que realizarán actividades de “Ponte no meu lugar” e un taller de macramé impartido polas persoas usuarias do centro. Ao mesmo tempo, haberá un punto de información e sensibilización no Supermercado Eroski de Arzúa durante toda a mañá. Tamén se darán a coñecer os gañadores do II Concurso de Debuxos organizado por Amarai: Como sería para ti un mundo inclusivo?

O xoves 4, achegaranse os alumnos e alumnas de primeiro da ESO do IES de Curtis co testimonio de vida e talleres inclusivos de marquetería, tamén impartidos polas persoas usuarias.

Finalmente, o venres día 5, será o turno das persoas maiores do Local Social de Boimorto e da Casa do Maior Boa Vista de O Pino. Farase un encontro interxeracional con intercambio de experiencias de vida.

Amarai busca potenciar a inclusión e lembra que é cuestión de levala á práctica diariamente, non é só unha data marcada no calendario.