AODEM participa na campaña “o que máis doe do Párkinson é como me miras” durante a conmemoración do Día Mundial do Párkinson, o mércores 11 de abril.
O obxectivo da campaña é sensibilizar á sociedade e evitar o illamento social das persoas afectadas por esta doenza que se cre que lle afecta a máis de 160.000 persoas en España.
Dende a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas queren facer visible esta enfermidade tras iluminar, durante a noite do 11 de abril, a ponte romana de cor azul, por ser esta tonalidade a que se identifica co Párkinson.
Ademais, AODEM colocará unha carpa informativa na rúa do Paseo (fronte ao Ministerio de Defensa) de 11 a 20 horas, onde informará do labor que desenvolve esta entidade e dos programas que realiza na cidade ourensá.
Esta campaña tamén se pode seguir nas redes sociais baixo o hashtag #LoQueMasDuele.