A Asociación Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas ten organizados diferentes obradoiros para desenvolver durante os meses de setembro e outubro no local social que teñen en Ferrol, na rúa Colón esq.con Mendizábal, B/4, P/5, baixos 38-39.
O xoves, 6 de setembro, ás 18:00 horas levarase a cabo a un obradoiro de autoestima, Eneagrama e Autoestima impartido por María Egea.

O 4 de outubro Belén Bellas falará sobre comunicación.
O día 6 de outubro, dous sexólogos de recoñecida profesionalidade do Centro de Sexoloxía Con Mucho Gusto impartirán un interesante taller de Sexualidade.
Estes obradoiros están abertos ao público a todas aquelas persoas que queiran participar. De todas formas, para maior información pódense por en contacto coa entidade no teléfono do local 981 930 544 (de 9:30 a 13:30), ou por correo electrónico diversidadefuncionalferrol@hotmail.com