A Asociación Galega de Persoas Afectadas por Transplante de Medula (ASOTRAME) organiza unha andaina a I Andaina Solidaria Asotrame en Santiago de Compostela. O sábado, 14 de setembro, ás 10:30 horas iniciará unha andaina de 5 km con punto de saída no Monte do Gozo e en dirección ata a praza do Obradoiro.
Se queres participar, podes facelo inscribíndote neste enderezo https://bit.ly/2k8oZFp e tendo como prazo ata o 12 de setembro de 2019 ás 23:59 horas. O prezo para menores de 12 anos é de 2 euros e para maiores de 5 euros, unhas cotas que irán destinadas para proxectos que está a realizar a entidade, como o piso que ten habilitado en A Coruña para familiares de persoas hospitalizadas, o servizo de ioga ou tamén as actividades de sensibilización que organizan dende a entidade.