A asociación ConArtritis pon en marcha o 28 de setembro a campaña `Outubro, mes da artrite e espondiloartritis´ coa celebración da XV Xornada Nacional de Artrite en Santiago de Compostela, declarada de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade e de interese científico pola Sociedade Española de Reumatoloxía (SER) e que está promovida pola coordinadora nacional ConArtritis e as asociacións membros que a integran en España, como ASEARPO. A xornada continuará o 29 de setembro co percorrido do último tramo do Camiño Francés desde Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro, lugar onde se formará unha cadea humana para visibilizar ás persoas que teñen artrites.
PROGRAMA
Instalación de mesas informativas de 9:30 a 14:00 horas en varios puntos informativos para presentar o programa das XV Jomadas e resolver calquera dúbida sobre a enfermidade e tratamentos existentes en:
XV XORNADA NACIONAL DE ARTRITE
Celebrarase a décimo quinta Xornada Nacional da Artrite o día 26 de outubro, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, pertencente á EOXI – Vigo, en horario de 10:30 a 13:30 horas, na que van participar médicos e profesionais socio-sanitarios, para analizar o futuro desta enfermidade co seguinte programa:
Inauguración xornada:
D. JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA. Conselleiro de Sanidade – Xunta de Galicia
Dª CARMEN FERNÁNDEZ PRESA. Supervisora de Atención ao Paciente da EOXI-Vigo e vogal de Asearpo
Dr. JOSÉ Mª PEGO REIGOSA. Reumatólogo do Servizo de Reumatoloxía da EOXI-Vigo
Dr. GERARDO SUÁREZ OTERO. Pediatra do Servizo de Pediatría Reumatologica da EOXI-Vigo
Dr. JOSÉ JESÚS BLANCO PÉREZ. Neumólogo do servizo de Pneumoloxía da EOXI-Vigo
Dr. ALBERTO OLEIRO LORENZO. Oftalmólogo do servizo de Oftalmoloxía da EOXI-Vigo
Clausura
D. JULIO GARCÍA COMESAÑA. Xerente da EOXI-Vigo