Ata o vindeiro 29 de xuño, no Espazo +60 de AFundación, podes visitar a exposición “Reflejos de Vida” de ASOTRAME, Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea, creada cos traballos realizados polas nenas e nenos dos colexios de educación primaria de Ferrol e a Coruña.
Durante o 2018 ASOTRAME pon en marcha un programa de información é sensibilización sobre a doazón de medula ósea, un proxecto que se desenvolverá en centros de educación primaria da provincia da Coruña, onde, a través dun conto, informarase ás/aos máis pequenos (doantes do futuro), sobre todo este proceso.
Ao finalizar cada unha destas actividades, pídeselles aos participantes que plasmen, a modo de conto, cómic, historia, ou calquera outra manifestación artística, todo o aprendido sobre o tema.