Baixo o lema Déixate ver, ponse en marcha a XIV edición da campaña Outubro mes da artriti por coincidir coa data 1 de outubro, o Día Nacional da Artrite.
A asociación membro Asearpo dará visibilidade durante estes días ás persoas que teñen a enfermidade crónica de artrite reumatoide, artrite psoriásica, espondiloartrite e AIJ.
Na provincia de Pontevedra, ASEARPO vai realizar estas actividades:
29 de setembro ás 12 horas, na fonte nova dos xulgados de Redondela farán unha cadea humana na que estarán convidados o Alcalde, as Concelleiras de Servizos Sociais e Cultura, onde a cor verde, a cor da artrite, será o nexo común de unión desta cadea.
1 de outubro, iluminaranse os monumentos e edificios emblemáticos ata a alba do día 2, sendo estes: o edificio da Deputación de Pontevedra, concello de Redondela, fontes da rúa Aragón en Vigo, edificios do concello de O Porriño, Bueu e Nigrán.
Asearpo tamén instalará mesas informativas durante a semana para informar e sensibilizar sobre a doenza da reuma.
O 13 de outubro, no Hospital Provincial de Pontevedra, celebraranse a XIV Xornada Nacional de Artrite de 10:30 a 13:30 horas, na que participarán médicos e profesionais socio-sanitarios para analizar o futuro desta enfermidade.
