`A emocionante viaxe de Chuco e Maruxiña´ é o título da obra de teatro que van representar no Auditorio da Sede Afundación de Vigo persoas traballadoras do centro de día de persoas maiores de O Porriño que xestiona COGAMI e que pertence á rede de centros de maiores da Xunta de Galicia.
O luns, 21 de outubro, ás 12 horas, na sede de Afundación viguesa (Rúa Policarpo Sanz, 24-26), asistiremos á representación dunha obra na que a temática está relacionada coas vivencias de moitas persoas maiores nacidas na época da emigración e que agora recordan todas as situacións polas que pasaron, a través de soños alegres do recordo polo amor por persoas e pola terra.
O persoal laboral do centro de día de maiores de O Porriño deixa por un día a súa rutina habitual e, en colaboración con persoas usuarias do propio centro, suben ao escenario para facernos gozar dunha representación maxistral do que supón o paso da vida e as pegadas que nos deixa nas persoas.
A entrada á obra é gratuíta, se ben é preciso reservar a entrada a través deste enderezo https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/sede-afundacion-vigo/10713--el-emocionante-viaje-de-chuco-e-maruxina.html.
Dende o centro de día de O Porriño queren agradecer a AFundación a súa colaboración para poder levar a cabo este proxecto.
