COCEMFE

COCEMFE

A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) é unha Organización Non Gobernamental sen ánimo de lucro que se constituíu en 1980. O seu obxectivo é aglutinar, fortalecer, formar e coordinar os esforzos e actividades das entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade física e orgánica para defender os seus dereitos e mellorar a súa calidade de vida. COCEMFE representa a este colectivo ante a Administración, a empresa privada e a sociedade e congrega a máis de 1.600 organizacións, divididas en Confederacións Autonómicas, Entidades Estatais e Federacións Provinciais que á súa vez, agrupan ás diferentes asociacións locais.

As liñas estratéxicas de COCEMFE son a prestación dunha carteira de servizos e actividades básicas dirixidas ás entidades confederadas e ás persoas con discapacidade física e orgánica, a cohesión do movemento asociativo, as relacións institucionais, a excelencia en xestión, a comunicación, a xestión dos recursos humanos e a xestión financeira.