Concello de Narón

Concello de Narón

O concello de Narón cofinancia o programa de Atención a Persoas con Discapacidade que desenvolve COGAMI na zona de Ferrolterra.

Este programa ofrece:

- Informacións e asesoramento a través da resolución de consultas relacionadas coa discapacidade como pode ser o asesoramento en cuestións relativas ao recoñecemento da discapacidade, recursos existentes na contorna, prestacións, asesoramento en materia de accesibilidade, etc.

- Intervención social encamiñada a mellorar a participación social da persoa beneficiaria, o seu desenvolvemento autónomo e as súas posibilidades de inserción laboral a través da promoción da procura de emprego e da mellora das habilidades transversais e intervención social ante situacións de risco e/ou violencia.